Ir o contido principal

🥳 𝐅𝐄𝐒𝐓𝐀 𝐃𝐎 𝐌𝐀𝐈𝐎𝐑 𝟐𝟎𝟐𝟒 👴👵

dia do maior

🥳 𝐅𝐄𝐒𝐓𝐀 𝐃𝐎 𝐌𝐀𝐈𝐎𝐑 𝟐𝟎𝟐𝟒 👴👵

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 está a organizar unha nova edición da 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐭𝐞𝐫𝐜𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 🎉, o vindeiro 𝟏𝟏 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨, un día de encontro para tódalas persoas maiores e xubilados/as do noso concello, na que poderán participar os/as pensionistas maiores de 65 anos e os/as acompañantes que así o desexen.

O 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐨𝐬 deste día será o seguinte:

𝟏𝟑.𝟎𝟎 𝐡. Misa na igrexa parroquial de San Pedro de Begonte.

𝟏𝟒:𝟎𝟎 𝐡. Xantar no Pavillón Polideportivo do colexio Virxe do Corpiño de Begonte.

𝟏𝟔:𝟎𝟎 𝐡. Actuación musical e sorteo de agasallos.

𝟐𝟎:𝟎𝟎 𝐡. Peche dos actos.

🚍 Para todas aquelas persoas que o desexen haberá servizo de transporte de ida e volta, en cada unha das parroquias. Previa inscrición.

 

O custo por persoa será de:

 🔸𝟖 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 para os/as pensionistas empadroados/as (maiores de 65 anos ou menores que teñan recoñecida unha pensión da Seguridade Social por invalidez ou viuvez).

 🔹𝟑𝟓 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 para o resto de participantes non incluídos no punto anterior.

 Tódalas persoas interesadas en asistir, deberán acudir ás oficinas municipais do Concello para facer o pago e a retirada de tarxeta.

 Será imprescindible presentar a tarxeta o día da festa.

 

 ⚠️ 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐎 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐆𝐎 𝐄 𝐑𝐄𝐂𝐎𝐋𝐋𝐈𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐓𝐀𝐑𝐗𝐄𝐓𝐀 : 𝐃𝐎 𝟐𝟐 𝐃𝐄 𝐀𝐁𝐑𝐈𝐋 𝐎́ 𝟑 𝐃𝐄 𝐌𝐀𝐈𝐎.